Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves preséntase o IX Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

21/06/2023

Mañá xoves, 22 de xuño, ás 12 h no salón de plenos do Concello de Tui, presentarase o IX Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, que este domingo, 25 de xuño se vai celebrar no Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez.

Este evento está organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o concelleiro Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do campionato, Eduardo Méndez, o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco.