Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres visita guiada nocturna polo gótico de Tui Forma parte do programa de Andainas e Visitas guiadas nocturnas da Eurocidade

26/07/2013

Mércores, 24 de xullo de 2013. Este venres terá lugar a segunda visita nocturna que forma parte do programa de Andainas/trillos e visitas guiadas nocturna organizado pola Eurocidade Tui-Valença.

 

Con este programa de actividades a Eurocidade ofrece nos meses de verán, xullo e agosto, visitas guiadas nocturnas aos diferentes edificios do patrimonio histórico da cidade para que veciños e turistas coñezan desde unha perspectiva diferente os nosos elementos patrimoniais.

 

Esta primeira saída está programada para o vindeiro venres 26 de xullo  cunha visita nocturna polo Tui gótico ás 22,00 h partindo do adro norte da Catedral, na Praza do Concello.

 

O programa deste ano resúmese nos seguintes puntos, sempre referíndose á hora local :

 

Venres 26 de xullo : Tui 22:00h

Visita guiada nocturna polo Tui gótico

 

Domingo 28 de xullo :  Tui 10h (Saída dende a Casa Forestal do Monte Aloia)

Andaina Saudable “Alto de San Xiao”

 

Venres 2 agosto : Tui 22:00h

Visita guiada pola Catedral “A Catedral encastelada : símbolos e historia”

 

Venres 16 agosto : Tui 22:00h

Visita guiada nocturna polo Tui barroco

 

Venres 30 agosto : Tui 22:00h

Visita guiada nocturna polo Tui das lendas

 

Esta actividade está organizada polas concelleiras de Cultura e Turismo do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença.