Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Este venres proxéctase na praza de San Fernando a película de animación “Small Foot”

29/07/2019

Forma parte do ciclo Cinema de Verán da programación Verán na rúa

Este venres, 2 de agosto,  temos unha nova cita co Cinema de Verán na praza de San Fernando. Ás 22.15 h proxectarase a película de "Small foot". Trátase dunha aventura animada para todos os públicos dirixida por Karey Kirkpatrick, con música orixinal  de Heitor Pereira.

"Smallfoot" dá un xiro á lenda de Bigfoot cando un Yeti novo e listo se atopa con algo que pensaba que non existía: un ser humano. Esta noticia traelle fama e a oportunidade de conseguir á moza dos seus soños. Tamén, provoca unha conmoción na sinxela comunidade de Yetis ao preguntarse que outras cousas poden existir máis aló da súa aldea nevada. É unha historia alegre sobre a amizade, o valor e a alegría do descubrimento.

O ciclo de Cinema de Verán, que forma parte da programación Verán na rúa, continuará o 14 de agosto coa proxección de  “Teen Titans Go”.

Cinema de Verán “Small Foot”

  • Data: Venres, 2 de agosto, ás 22.15 h
  • Lugar: Na Praza de San Fernando