Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres proxéctase “Matria” de Álvaro Gago no Teatro Municipal de Tui

9/11/2023

A cita será ás 21.30 h. Este evento forma parte da programación de Outono. As entradas están á venda en tui.gal

O cinema é o protagonista esta semana na programación de outono no Teatro Municipal de Tui. Mañá venres ás 21.30 h proxectarase a película “ Matria” dirixida por Álvaro Gago.

O filme, con 100 minutos de duración, está protagonizado por María Vázquez no papel de Ramona, , unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse a flote e proporcionar un futuro mellor a súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma. Por este papel María Vázquez recibiu o Premio á mellor actriz no Festival de Málaga.

Tamén forman parte do reparto Santi Prego, Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, Francisca Iglesias, Soraya Luaces e Susana Sampedro

As entradas pódense adquirir até o venres ás 21.15  h en tui.gal aos prezos de 6€ e 4€.

As próximas citas nesta programación de outono serán o venres, 17 de novembro, ás 19.30 h con Baobab Teatro e a obra “Ás para Álex”, e por último o venres 24, ás 21.30 h  con Redrum Teatro con “Hamelin”.  Todas as entradas están xa á venda en tui.gal.