Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres proxéctase Los Pitufos na Praza de San Fernando

21/08/2013

Mércores, 22 de agosto de 2013. Este venres, ás 22.30h, vaise proxectar na Praza de San Fernando a película de cinema de animación Los Pitufos. Esta actividade forma parte da programación que organiza a Concellería de Cultura de Tui. A entrada é de libre.

 

Neste filme os personaxes creados polo debuxante belga Peyo inician unha nova aventura en Nova York. Ata Central Park chegan ao través dun portal máxico no que entran ao atravesar unha ruta prohibida mentres escapan do malvado Gargamel.