Este venres preséntase a 5ª Fase da Liga Galega de Saltos Interclubes
4/07/2018
Celebrarase este domingo, 8 de xullo, nas instalacións de Equigalia
Este venres, 6 de xullo, ás 12.30 horas, nas instalacións deportivas do Club Hípico Equigalia, en Pexegueiro, presentarase o campionato correspondente a 5ª fase da Liga Galega de Saltos Interclubes, que se celebrará nesas instalacións o domingo 8 de xullo.
A presentación correrá a cargo do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira e do presidente do Club Hípico Equigalia, Luís López.