Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres no Teatro Municipal “A Nena e o Grilo”

14/11/2013

Será ás 20h para público familiar

 

Mércores, 13 de novembro de 2013. A música é a protagonista este venres, ás 20h,  no Teatro Municipal de Tui con  “A nena e o grilo”. Baixo a dirección de Pepablo Patiño presentan un espectáculo  musical titulado “A nena e o grilo nun barquiño” da autoría de Magín Blanco. Os dous, Pepablo Patiño  e Magín Blanco, forman parte do elenco xunto a Jorge Juncal, Jerry Noia, Montse Piñón e María Faltri. Ao longo de 60 minutos a nena e o grilo viven novas aventuras para descubrir o mundo dende unha perspectiva sinxela e xenerosa. As cancións que acompañan a posta en escena abren as portas a que os propios nenos poidan crear o seu universo e achegar as historias dende a súa perspectiva persoal.

 

As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

 

A Nena e o Grilo con “A nena e o grilo nun barquiño”

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres ás 20h

Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.