Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres celébrase o XXIII Festival de Bandas de Música de Tui

31/07/2014

Actuarán na praza de San Fernando as bandas de Monçao e Tui

Mércores, 30 de xullo de 2014. A Praza de San Fernando será o escenario onde este venres, 1 de agosto, se celebre o XXIII Festival de Bandas de Música de Tui. A partir das 22.30h o público poderá gozar do son das bandas de música populares nun evento con longa tradición no verán tudense. Este ano van participar a Banda de Música da Casa do Povo de Tangil de Monçao e a Banda de Música Popular de Tui.

A Banda de Música da Casa do Povo de Tangil de Monçao está formada por 70 músicos e dirixida por Daniel Óscar Lobato Vieira. As súas orixes remóntanse a primeira metade do século XIX, sendo en 1970 cando adopta a súa actual denominación.  En 1997 lle foi concedida a medalla de ouro do municipio de Monçao, sendo considerada Institución de Mérito no campo cultural.  Ten no seu haber dous traballos discográficos gravados en 2004 e 2008 respectivamente. Ten participado en romarías, festas, e festivais tanto en Portugal coma en España e Francia e en programas de televisión.

Programa:

  • "Hispânico" de Nuno Osório
  • "La divina comédia - Inferno" de Dante Alighieri
  • "Artie Shaw" Concerto para clarinete de Artie Shaw
  • "God save the Queen" de Carlos Marques
  • "Blaze away" de Abe Holzmann

A Banda de Música Popular de Tui está dirixida por Adolfo Besada e integrada por 60 músico. Afunde as súas raíces a finais do século XIX, mantendo unha actividade permanente dende a década dos oitenta. Nestas case tres décadas ten ofrecido numerosos concertos tanto en Galicia coma en Portugal, así coma en Valencia, Salamanca, Asturias,  Madrid ou Bos Aires. Esta agrupación ten tanto na Escola de Música de Tui coma no Conservatorio unha excelente canteira de músicos que integran as súas filas.

Programa:

  • "Meu Pai" (Pasodoble), de . M. González Iglesias.
  • "Cantigas Enxebres"(Rapsodia Galega) de A. Besteiro.
  • "My Way", arreglo J. V. Simeó.
  • "Oregón" (Fantasy for band) de J. de Haan.
  • "Un Poleo" (Polca), de M. Lillo.
  • "Já Cá Cantas"(Rapsodia Portuguesa) de A. Madureira.