Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres 2 de agosto visita nocturna guiada pola Catedral de Santa María de Tui

30/07/2013

Martes, 30 de xullo de 2013. Baixo o nome “A Catedral encastelada : símbolos e historia” aqueles interesados en coñecer máis a fondo e desde unha perspectiva diferente baixo a luz da noite a historia da Catedral de Tui , poderán facelo este venres ás 22h no Adro norte da Catedral, Praza do Concello.

A visita, que forma parte do programa da Eurocidade Tui-Valença Andainas/Trilhos e visitas nocturnas, busca divulgar a historia e simboloxía da Catedral aos visitantes dun xeito cercano e íntimo.