Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado celébrase unha visita guiada ao Nadal no Patrimonio Tudense

17/12/2019

Partirá ás 17 h da praza de San Fernando. É froito da colaboración entre o Concello de Tui e o Instituto de Estudos Tudenses

Dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural” este sábado, 21 de decembro, realizarase unha visita guiada ao Nadal no Patrimonio Tudense. Esta actividade é froito da colaboración entre o Concello de Tui e o Instituto de Estudios Tudense para a promoción e divulgación do noso patrimonio cultural.

Partirá ás 17 h da praza de San Fernando para realizar un percorrido polas pegadas que o Nadal ten nos bens culturais integrantes do patrimonio tudense. Así o Nadal protagoniza algún dos principais enclaves tanto da Catedral de Tui coma da igrexa de San Domingos. A visita estará guiada por José Ramón Fernández e Rafael Sánchez, membros do Instituto de Estudios Tudenses. Entre os lugares a visitar estarán a portada e o altar da Expectación na Catedral, e a portada lateral e o altar de Lepanto na igrexa de San Domingos.

Colabora nesta actividade o Cabido da Catedral e a Asociación Amigos da Catedral.