Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado celébrase o IV Encontro Máster Internacional de Remo Tui 2014 cun centenar de participantes

27/08/2014

Mércores, 27 de agosto de 2014. Un centenar de remeiros e remeiras daranse cita este sábado en Tui para participar no IV Encontro Máster Internacional Remo Tui 2014. Este evento organizado polo Club Remo Tui, en colaboración co Concello de Tui, comezará ás  17h coa reunión de delegados e ás 18h comezarán as regatas de 8 feminino, masculino e mixto, e de 4 Scull feminino cun percorrido de 500 metros entre a vella ponte internacional e as gradas do Centro Interfederado de Tui.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, e o presidente do Club Remo Tui, Francisco Javier Álvarez, acompañados polos concelleiros José Ángel Villaverde e Marcelino Cendón, foron os encargados esta mañá de presentar esta proba deportiva