Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo ás 11h entregáronse os premios do I Concurso de Decoración de Balcóns do Conxunto Histórico

1/10/2012

O acto forma parte do programa 150 anos da Praza do Pracer

 

Este domingo ás 11h da mañá foron entregados os premios correspondentes ao I Concurso de Decoración de Balcóns e Ventás do Conxunto Histórico de Tui que promoven as concellerías do Conxunto histórico e de Parques e xardíns, coa colaboración das florerías tudenses “La Flor” e “Rita” e a “Fototeca-Estudio”.

 

O acto forma parte do programa levado a cabo este domingo co gallo da celebración do 150 aniversario da Praza do Pracer.

 

Segundo recollen as bases este certame “pretende chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor”. O xurado estivo formado polos concelleiros delegados de Parques e Xardíns e Conxunto Histórico, un técnico do ARI, representantes das florerías La Flor e Rita, e da Fototeca-Estudio, e o director da RMT. Na súa decisión tiveron en conta o estado de conservación e mantemento do balcón, orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios, harmonía no crecemento das plantas,  combinación de cores e o seu valor estético, así como a variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais.

 

O primeiro premio recaeu en Ana Belén Rodríguez Domínguez, que recibiu diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€ en Floristería La Flor.


O segundo premio foi para Fermina Rodríguez, que recibiu diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€ en Flores Rita.


 

E o terceiro premio foi concedido a Adoración Valenzuela Rodríguez que recibiu diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€ en Flores Rita.

 

Amais estableceuse un Premio Especial ao mellor establecemento de hostalería que foi concedido a Julián Ramírez Sánchez de Jaqueivy, que recibiu diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€ en Floristería La Flor.


 

Os Concelleiros de Parque e Xardíns, Olga Montes, e do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, agradecen a participación dos cidadáns nesta iniciativa que busca tanto a promoción do conxunto histórico, como a súa conservación e embelecemento. Ao tempo queren felicitar aos premiados polo seu traballo.

 

As fotografías dos balcóns premiados e dos participantes neste Concurso están expostas na Oficina de Turismo na Praza de San Fernando.