Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Están a piques de rematar as obras do campo de fútbol de Caldelas

16/01/2013

 

A PIQUES DE REMATAR AS OBRAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE CALDELAS

A dotación de céspede artificial e outras obras supón un investimento de 234.833 €

 

Mércores, 16 de xaneiro de 2013. As obras de construcción do terreo de xogo no campo de fútbol de Foxo-Caldelas remataran nestes días logo da demora nos prazos de execución derivadas das adversas condicións climatolóxicas que houbo nas primeiras semanas do pasado mes. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, congratúlase desta obra que da cumprimento o compromiso manifestado de culminación do proceso de construcción deste equipamento deportivo.

 

O importe desta obra acada os 234.833 euros sendo financiado nun 50% pola Deputación provincial de Pontevedra, namentres que o restante 50% é asumido polo Concello de Tui mediante un préstamo da Caixa de Anticipos da propia Deputación.

 

A zona na que se actuará supón unha superficie de 5.586 metros cadrados. O terreo de xogo xa foi explanado, nivelado e compactado na fase previa do proxecto. Nela, executouse unha capa de zahorra artificial así como unha capa de aglomerado que servirá de soporte ao céspede artificial que agora se colocará. Os lindeiros do campo contarán cunhas bandas de ancho de 2,5 metros nas do fondo e de 2 metros nas laterais. O campo contará con herba artificial, un campo de fútbol 11, dous de fútbol 7, dúas bancadas para suplentes, un xogo de banderíns de córner, un marcador electrónico así como unha varanda perimetral de aluminio que delimite o terreo de xogo. Complétase a intervención cunha rede de drenaxe para eliminar a auga da choiva e o sobrante do rego a través dunhas rellas situadas nas bandas

 

Moisés Rodríguez agradece especialmente a colaboración da Deputación Provincial para rematar este equipamento deportivo. Deste xeito o municipio tudense contará con tres campos de herba sintética: o existente no complexo deportivo ´”Alvarez Durán”, o campo da parroquia de Ribadelouro e este de Caldelas, evidenciando o importante compromiso do goberno municipal tudense pola promoción do deporte base e afeccionado, neste caso no ámbito do fútbol, que disporá así duns equipamentos de alto nivel para a práctica deportiva.