Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta semana comenzou un obradoiro de apoio ás familias de enfermos de alzheimer

11/10/2013

O Concello amosa así o seu compromiso como “cidade solidaria co Alzheimer”

 

Venres, 10 de otubro de 2013. Esta semana comezou unha das actividades programadas polo Concello de Tui arredor da temática do Alzheimer, en concreto un obradoiro para os familiares dos enfermos desta enfermidade. Na presentación estivo a Concelleira na área de Servizos Sociais, Olga Montes, o presidente de AFAGA Juan Carlos Rodríguez xunto á psicóloga encargada do curso.

 

O obradoiro “Un coidador: dúas vidas para familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias” terá lugar no mes de outubro os mércores de 18h a 20h no edificio da Área Panorámica de Tui.  Nesta actividade participan 18 persoas do noso concello.

 

O obxectivo desta actividade, que se complementa cun próximo obradoiro con enfermos de Alzheimer, é o traballo tanto cos enfermos coma cos familiares, xa que as familias necesitan información e formación para afrontar esta enfermidade que afecta ás vidas do enfermo e do seu entorno. Estes obradoiros que buscan fomentar a autonomía do enfermo actuando cando a enfermidade está nunha fase leve mediante a estimulación.

 

Tanto para o Concello de Tui como para AFAGA o reto que se busca é adaptar o entorno do enfermo para que manteñen unha calidade de vida O Concello amosa así o seu compromiso como “cidade solidaria co Alzheimer” tal como foi acordado recentemente nun Pleno da Corporación Municipal tudense.