Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Escola da Noite presenta “Novas diretrizes en tempos de paz”

12/02/2014

Este espectáculo abre a programación cultural de 2014

Será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal

Mércores, 12 de febreiro de 2014. A compañía Escola da Noite de Coimbra (Portugal) será este venres a responsable de abrir a Programación Cultural do primeiro semestre de 2014 en Tui. Esta oferta cultural na súa totalidade será presentada mañá xoves ás 11h.

A Escola da Noite representará este venres ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui, a obra “Novas diretrizes em tempos de paz” escrita por Bosco Brasil e dirixida por António Augusto Barros. Interpretada por Igor Lebreaud e Jorge Loureiro a obra narra o encontro entre dúas persoas no porto de Río de Janeiro. Un deles é un emigrante polaco que busca unha nova vida coma agricultor, o outro é un oficial da alfándega responsable de darlle ao primeiro o salvoconduto de entrada. O telón de fondo é o inminente final da II Guerra Mundial, e coma cada un dos personaxes viviron e o papel que tiveron na contenda.

A representación ten unha duración de 50 minutos e vai dirixida a público adulto a partir dos 16 anos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o venres ás 13 ao prezo de 6€ e 4,5€. Tamén se poderán adquirir o venres dende ás 20h no despacho de billetes na Área Panorámica.