Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Entregados os premios do IV Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio do Louro

7/06/2019

O Consorcio do Louro, do que forman parte os concellos de Tui, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos, fixo entrega do pasado mércores, 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, dos premios do IV Concurso de Debuxo Infantil “Os Investigadores da Auga trala pista do ciclo integral da auga”.
Os catro primeiros premios, un por cada concello consorciado, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por concello, recibiron unha pulseira de actividade.

Os representantes dos Concellos de Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas, así como a directora de Augas de Galicia,  quixeron agradecer a participación dos nenos e nenas nesta cuarta convocatoria, á que se presentaron preto de 250 debuxos. No acto resaltaron a importancia de difundir e concienciar da importancia da boa xestión e dun uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.

Os 12 debuxos premiados serán utilizados para editar un calendario do ano 2020 que, como xa é costume, será distribuído polo Consorcio en diferentes puntos.

Os debuxos gañadores poden consultarse tamén accedendo á web do Consorcio na dirección www.consorciodolouro.es