Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

En xaneiro comezará un curso de Deshabituación Tabáquica

5/12/2019

O prazo de inscrición está aberto até o venres 27 de decembro no departamento de Servizos Sociais

No  mes de xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Departamento de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro

Esta actividade gratuíta vai dirixida a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar. Estrutúrase en 7 sesións, cunha duración de hora e media cada unha, a celebrar en horario de tarde. Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao completo proceso de abandono. 

As persoas interesadas poden inscribirse até o venres, 27 de decembro, no departamento de Servizos Sociais na casa do concello, no correo olga.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Para poder celebrar o curso precísase un mínimo de 12 persoas inscritas.