Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Doce persoas participan en Tui no itinerario formativo de “Elaboración de conservas artesanais e naturais”

7/05/2019

Forma parte do  programa “Coas mans na masa” que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural

Doce persoas están a participar esta semana en Tui no itinerario formativo dedicado á elaboración de conservas artesanais e naturais. Este curso forma parte do  programa “Coas mans na masa” que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

O curso comezou onte luns, 6 de maio, no Centro de Formación Municipal, do Concello de Tui en Guillarei, continua hoxe e rematará mañá mércores.