Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Do 15 ao 17 de marzo impartirse un curso de Enoturismo ao abeiro do proxecto Río Miño, destino navegable.

24/02/2022

Dentro do proxecto "Río Miño, Destino Navegable", financiado con fondos POCTEP, vaise impartir do 15 ao 17 de marzo un curso de Enoturismo dirixido a guías de turismo e persoal das oficinas de información turística dos concellos de: Tui, Salvaterra, Monção e Valença, ata un máximo de 30 persoas. No caso de que haxa maior número de solicitudes que prazas, atenderase por estrita orde de inscrición.

O obxectivo do curso é coñecer as chaves fundamentais para o aproveitamento profesional do mundo do viño e aumentar as capacidades de comunicación enoturística con clientes nacionais e internacionais.

As persoas interesadas pódense inscribir en proxectos.turismo@xunta.gal. Pódese solicitar máis información no 981 54 74 06.

 Curso Enoturismo - Miño, destino navegable - Castelán

 Curso Enoturismo - Miño, destino navegable - galego