Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dezasete persoas incorpóranse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

29/03/2022

Hoxe incorporáronse á plantilla do  Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, o abeiro da subvención da Deputación  de Pontevedra, segundo as  Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2022-23 publicadas no BOPPO n'úmero 230 do  27/11/21.

En concreto foron contratadas dez persoas coma peóns de horticultura e xardinería  e outras cinco persoas traballarán coma operarios de obras. Tamén se incorporou unha persoa coma oficial condutor e outra coma auxiliar administrativo.

A primeira hora desta mañá, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, lles daban á benvida ao concello no salón de sesións da casa do concello. Desexándolles que aproveiten esta oportunidade laboral.