Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dezaoito mulleres comezaron onte un curso de asesoramento e formación a mulleres empregadas na aula Cemit de Tui

10/12/2013

Martes, 10 de decembro de 2013. Un total de dezaoito mulleres de Tui e a súa contorna comezaron onte un curso de asesoramento e formacón dixital para mulleres emprendedoras que promove a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia,  no marco do programa Rede-Emprende en Igualdade para mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e redes sociais.

 

Este curso responde ao compromiso asumido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na súa visita a Tui para a clausura do curso da formación da Rede Cedim hai escasamente dúas semanas, onde as participantes naquela actividade solicitaron unha maior formación en materia de alfabetización dixital.

 

Agora realizase este curso co obxectivo de asesorar e apoiar a mulleres emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas e na busca de emprego, o programa Rede-Emprende desenvolve este curso na Aula CEMIT de Tui o 9,10,12,13 e 16 de decembro cunha carga lectiva de 20 horas en horario de tarde, de 17h a 20h .

 

As asistentes recibirán formación e asesoramento en Internet e redes sociais, novas tecnoloxías e emprendemento, novas tecnoloxías e busca de emprego e redes e transposición de experiencias, fomentando así a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.

 

Na tarde de onte a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Tui, Olga Montes Moldes, saudou ás asistentes a esta acción formativa, agradecendo a súa implicación nestes procesos e amosando o compromiso do goberno municipal tudense nesta materia.