Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dende o 1 de xuño comenzaron 12 novos trabaladores no concello

5/06/2013

Con novas actuacións a desenvolver ao longo do ano o Concello de Tui promove un amplo programa contratacións temporais

Mércores, 5 de xuño de 2013. Dende o pasado 1 de xuño comezaron a súa actividade no Concello de Tui un total de 12 novos traballadores ao abeiro do Plan Provincial de Emprego 2013 que promove a Deputación Provincial de Pontevedra.

No caso tudense e gracias á colaboración do Concello foron contratados 6 peón de mantemento de obras públicas e outros 6 peóns varredores que desenvolverán o seu traballo nas diversas infraestructuras e equipamentos municipais.

A contratación deste continxente de persoas é una das primeiras medidas que promove o Concello de Tui neste ano 2013 para o impulso do emprego. Está previsto que ao longo dos vindeiros días se vaian incorporando os traballadores que resulten seleccionados nos proceso de cobertura destas once prazas temporais do Concello, ao que se unirán outras ofertadas para a Piscina Municipal.

Igualmente axiña comezará, unha vez aprobados os orzamentos municipais deste ano 2013 a pasada semana, o desenvolvemento do Plan Local de Emprego que contempla a contratación de desempregados.

E finalmente o Concello vende solicitar un total de traballadores ao abeiro dos Plans de Cooperación que promove a Xunta de Galicia.

Finalmente, cómpre non esquecer que na actualidade son un total de 38 os traballadores (entre alumnos, profesores persoal de apoio) os que conforman o Obradoiro de Emprego “Tuiemprende”, co financiado entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Tui.

Mais de persoas poderán atopar una ocupación ao longo deste ano gracias ao esforzo que o Concello de Tui realiza a prol dunhas políticas de promoción do emprego e a formación que favoreza o acceso ao mercado laboral dos desempregados tudenses.

Para o rexedor tudense este importante esforzo que realiza o Concello de Tui testemuña a súa aposta polo desenvolvemento de políticas de carácter social e evidencia a preocupación do goberno municipal pola difícil situación pola que atravesan moitas familias do noso municipio.