Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso galego 2014. CELGA

15/02/2014

O Concello de Tui, abre o prazo de inscrición para a realización de cursos de galego preparatorios para as probas dos GELGA

O prazo de inscrición irá dende o 17 ata o 21 de febreiro de 2014, achegándose ó centro de formación do Concello de Tui en horario de 9:00 a 14:00. É preciso unha fotocopia do DNI e cubrir o impreso axeitado

Para a realización dun curso é preciso acadar un número mínimo de 20 persoas para un mesmo nivel. No caso de que os cursos foran concedidos, realizaríanse nos meses de abril e maio.  O horario e o nivel do celga (1, 2, 3 ou 4), dependerá das preferencias das solicitudes que se acheguen.