Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso de intelixencia emocional na aula uned de Tui

18/07/2013

Mércores, 17 de xullo de 2013. A Aula Universitaria da UNED de Tui acollerá o próximo luns, 22 de xullo, o curso “Iniciación á Intelixencia Emocional Aplicada”,  organizado pola Escola Europea de Líderes e que se desenrolará presencialmente nas instalacións da aula universitaria de 10h a 13h.

 

O curso será impartido por Yolanda Villar García, Líder en Coaching da Escola Europea de Líderes , que  a través dunha ensinanza 100% vivencial e práctica, achegará ao alumno ao control das emocións .

 

Esta actividade pretende aportar aos alumnos una metodoloxía común para identificar e xestionar as emocións propias e as dos demais, co fin de que poidan aplicar os coñecementos adquiridos á práctica diaria, para obter así os mellores resultados tanto na vida persoal coma profesional.

 

O curso ten un custo de 25 euros para o público en xeral, e de 10 euros para os estudantes da UNED e os titores do Centro Asociado á UNED  de Pontevedra .

 

Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web da UNED-Pontevedra http://www.unedpontevedra.com, chamando ao teléfono 986851850 ou dirixíndose ao edificio da Aula da UNED de Tui ( R/Antero Rubín s/n, Antigo Convento de Santo Domingo).