Curso de asesoramento e formación para mulleres emprendedoras
CURSO DE ASESORAMENTO E FORMACIÓN A MULLERES EMPRENDEDORAS NA AULA CEMIT DE TUI
A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, pon en marcha o programa Rede-Emprende en Igualdade para mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e redes sociais .
Co obxectivo de asesorar e apoiar a mulleres emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas e na busca de emprego, o programa Rede-Emprende desenvolverá un curso na Aula CEMIT de Tui o 9,19,12,13 e 16 de decembro cunha carga lectiva de 20 horas en horario de tarde, de 17h a 20h .
As asistentes recibirán formación e asesoramento en Internet e redes sociais, novas tecnoloxías e emprendemento, novas tecnoloxías e busca de emprego e redes e transposición de experiencias, fomentando así a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.
Tódalas mulleres interesadas poderán inscribirse nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais ata o vindeiro luns 9 ás 14h.
Este curso responde ao compromiso asumido pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, na súa visita a Tui para a clausura do curso da formación da Rede Cemit.