Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación tudense celebra pleno extraordinario o próximo martes 19 ás 9 h

12/04/2022

A corporación municipal de Tui celebrará pleno con carácter extraordinario, a sesión 3/2022, o martes, 19 de abril, ás 9 h cun único punto na orde do día. 

A) Parte resolutiva:

Asunto único.- Expediente 2569/2018. Proposta de Alcaldía, de data 11.04.2022, relativa á aceptación das condicións e prescricións polas que se podería outorgar a concesión de ocupación de 158,64 m² de dominio público marítimo – terrestre con destino a pasarela peonil, na desembocadura do río Louro, termo municipal de Tui (Pontevedra), propostas na resolución da Dirección General de la Costa y el Mar de 03.04.2022 (con rexistro de entrada no concello de Tui 2022-E-RC-2530 de 08.04.2022).