Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal celebra mañá xoves pleno ordinario con 11 puntos na orde do día

27/07/2022

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves, 28 de xullo, pleno de carácter ordinario correspondente ao presente mes de xullo. Será a partir das 20 h. A orde do día é a seguinte: 

 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores núm. 4/2022 do 26/05/2022 e núm. 5/2022 do 30/06/2022.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).

3º.- Expediente 1547/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 18/07/2022, relativa a establecer o límite máximo de gasto non financeiro nos orzamentos iniciais do 2022 e aprobación inicial do proxecto de Orzamento Municipal do Concello para o exercicio 2022.

4º.- Expediente 178/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 20/06/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta en edificio catalogado" no inmoble sito na rúa Bispo Lago, 4.

5º.- Expediente 1136/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 20/06/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta en edificio catalogado" no inmoble sito na rúa Seixas, 10.

6º.- Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 21/07/2022, favorable á moción sobre o control dos apartamentos e vivendas turísticas presentada polo Sr. Alonso Álvarez, do Grupo Mixto.

7º.- Expediente 1566/2022. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Ensino e Cultura, de data 19/07/2022, de concesión a D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo, da medalla de honra do Concello de Tui na súa categoría de ouro.

8º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control

9º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de xuño e xullo de 2022. 

10º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 785, de 23/05/2022 ata o núm. 1075, de 21/07/2022.

C) Rogos e preguntas

11º.- Rogos e preguntas.