Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de Prensa

30/04/2013

Martes, 30 de abril de 2013. O próximo xoves, 2 de maio, ás 10.30h, será presentada na sala de concelleiros do Concello de Tui a XVII Feira de Artesanía que esta fin de semana, 4 e 5 de maio, se vai celebrar en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a algúns dos novos artesáns que van participar na feira, membros da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e un grupo de Tui de “bordado ao aire”.

Presentación XVII Feira de Artesanía

Data: Xoves 2 de maio ás 10.30h

Lugar: Sala de Concelleiros do Concello de Tui