Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de prensa

5/04/2013

PRESENTACIÓN GRAN PREMIO CIDADE DE TUI DE CICLISMO EN RUTA

 

Venres, 5 de abril de 2013. O próximo martes, 9 de abril, ás 11.00 horas, no primeiro andar da Área Panorámica, será presentado o Gran Premio Cidade de Tui de Ciclismo en Ruta, que se disputará o domingo 14 de abril, as 10.45 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui, organizado polo Club Ciclista de la Fuente en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo.

 

Comparecerán ante os medios o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, e Xavier Martínez, secretario do club.