Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de plazas de formación en Versmold e a súa comarca para mozos Tudenses

12/06/2013

Mércores, 12 de maio de 2013. Dende a cidade de Versmold (Alemania), recentemente irmanada con Tui, e, en concreto, dende o Christliches Jugenddorfwerk Deutschlands (CJD) se promove unha convocatoria de accións formativas para un total de quince mozos tudenses ao abeiro dos acordos de cooperación establecidos naquel acordo de irmandade.

 

As persoas interesadas en participar nestas accións formativas, previas para o acceso a postos de traballo, cómpre reúnan os seguintes requirimentos:

-idade mínima: 18 anos, idade máxima: 35 años

-homes ou mulleres

-coa ESO aprobada 

-desexable coñecementos de alemán

-presentación de “curriculum vitae” e solicitude en alemán ou no seu defecto en inglés

-compromiso de participar en clases de aprendizaxe de alemán

 

Dende este centro CJD de Versmold informan que existen xa ofertas concretas para aprendizaxe e posterior traballo no sector farmacéutico e no sector da loxística.

 

En consecuencia, o Concello de Tui abre un período ata o vindeiro 25 de xuño para que os mozos e mozas interesados en acceder a estas accións formativas en Versmold presenten (exclusivamente en alemán ou en inglés) as súas solicitudes xunto cun pequeno “curriculum vitae” no Centro de Formación do Concello de Tui ( A Gándara – Guillarei).

 

O Centro de Formación tudense enviará as solicitudes presentadas ao Christliches Jugenddorfwerk Deutschlands (CJD) que será o encargado de facer a valoración e selección dos candidatos.

 

Para os responsables do Concello de Tui esta oferta é posible gracias ao acordo de irmandade asinado con esta localidade que propicia a aparición de ofertas como a presente promovidas por organizacións sociais daquela cidade xermana e que contribuirán a afondar nas relacións mutuas entre ambos municipios.