Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocada a 5ª Edición do Concurso de Fotografia “Relación Home Muller: 100% positiva”

11/10/2012

O prazo de presentación remata o 20 de novembro

 

A Concellería Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui convoca a quinta edición do concurso de fotografía sobre “Relación home-muller: 100% positiva” na que poden participar odas as persoas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.

 

As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso. O tema “Relación home/muller 100% positivo”, quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. Con este concurso querese resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan víctimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.

 

Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras, aceptándose obras con retoque fotográfico sempre que non se trate de fotomontaxes. As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e se presentarán en papel, cun tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm). Cada fotografía debe levar un título.

 

O prazo de recepción das fotografías finalizará o 20 de novembro de 2012, ata as 12h. O xurado elixirá a fotografía finalista que mellor se axuste aos criterios do concurso, tomando en consideración a súa calidade técnica e artística, e a temática da mesma. O ganador recibirá un premio de 300 €.

 

Coa fotografía premiada e as seleccionadas (ata un total de 50 fotografías) realizarase unha exposición na Sala Municipal de Exposicións (Edificio Area Panorámica).

 

Para Olga Montes Molde, concelleira de muller e servizos sociais, este concurso fotográfico é unha actividade xa consolidada na campaña que desenvolve o Concello arredor do “Día internacional contra a violencia de xénero” e que incide nos aspectos positivos da relación entre homes e mulleres para consolidar estes hábitos e promover a erradicación de calquera tipo de practicas violentas ou non respectuosas nesta relación.

 

Máis información no departamento de servizos sociais na casa do Concello de Tui ou a través do teléfono 986.603625.