Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Continúa a programación do verán coa proxeción da película “Coco”

31/07/2018

Será este venres 3 de agosto as 22:15h na Praza de San Fernando

 A terceira xornada do cinema de verán será este venres, 3 de agosto, ás 22:15h na Praza de San Fernando coa proxección da película “Coco”. O filme de animación infantil achega a historia de Miguel, un neno  dun pobo mexicano que quere ser músico pese a prohibición da súa familia. No Día dos Mortos, Miguel cambia de dimensión por accidente e precisará da axuda dun antepasado para regresar. A duración da película é de 109 minutos.

O venres  24 de agosto proxectarase a última película do cinema de verán,  “Ferdinand”

O cinema de verán será na Praza de San Fernando agás en caso de choiva, que se trasladará ao Teatro Municipal e se poderán retirar dúas entradas de balde por persoa media hora antes do comeza do película.