Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Contacontos para bebés con Pablo Díaz na Biblioteca Municipal

29/04/2024

A cita será mañá martes ás 18 h dentro da programación de “Tui en Letras”

Mañá martes, 30 de abril, ás 18 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá unha sesión de “Contacontos para bebés” a cargo do músico e contacontos Pablo Díaz. Esta actividade forma parte da programación de “Tui en letras” que promove a concellería de Ensino, Cultura e Mocidade do concello tudense.

Esta contacontos para bebés é unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas, e na que grandes e miúdas/os axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos. Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para as máis pequenas/os. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica e algún dos seus temas máis populares. Este obradoiro está dirixido a nenas e nenos de 0-3 anos acompañados dunha persoa adulta.

A concelleira Sonsoles Vicente Solla anima aos máis pequenos usuarios da Biblioteca Municipal acompañados dos seus pais e nais a participar nesta sesión que será unha viaxe a través dos contos conducida por Pablo Díaz e que terá na música o seu fío condutor. Este espectáculo, sinala a concelleira de cultura tudense, forma parte da ampla oferta de actividades que dende a Biblioteca Municipal de abren para os diversos sectores de idade.

O próximo martes, 7 de maio, haberá unha nova actividade de animación á lectura titulada “Maxia tola e lectora” a cargo de Leo Leiño, para nenos e nenas dende os seis anos de idade.