Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A conferencia “Un tudense apóstol de los aborígenes australianos” abre mañá a programación do bicentenario do nacemento do Bispo Salvado

25/02/2014

Martes, 25 de febreiro de 2014 . Mañá mércores, 25 de febreiro, ás 20h terá lugar no Salón de Actos do Seminario Menor de Tui a primeira conferencia dedicada ao Pai Salvado co gallo da celebración do  bicentenario do seu nacemento.

Avelino Bouzón Gallego, coengo arquiveiro da Catedral de Tui e director do arquivo histórico-diocesano, será o encargado de impartir o relatorio “Un tudense apóstol de los aborígenes australianos”.

Este coloquio é o primeiro dun ciclo que se desenvolverá cada mércores do mes de marzo no Seminario Menor de Tui co fin de dar a coñecer as diferentes facetas do Pai Salvado.