Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Conferencia "Camiña seguro" para concienciar sobre a necesidade de uso de chalecos reflectantes polos peóns.

2/12/2013

Lunes, 2 de diciembre de 2013. Desde o Concello de Tui en colaboración coa Dirección General de Tráfico ponse en marcha a campaña " Camiña Seguro". Esta campaña esta orientada a todo tipo de públicos, pero en especial a aquelas persoas maiores do noso concello, do ámbito rural e que teñen que circular como peóns por todo tipo de vías, así como a tantos veciños que realizan os seus paseos por estes lugares. Viais que na maioría dos casos non contan coas medidas de protección adecuadas para o peón, como poden ser beirarrúas ou pasos elevados e que están mais orientadas á circulación de vehículos.

 

Especialmente as vías do ámbito rural nesta época do ano, coa mingua da luz do día, fanse, se cabe, aínda mais perigosas para os peóns, xa que se dispón dunha menor visibilidade natural, e doutra banda , moitas delas , tamén posúen unha iluminación deficiente en referencia aos peóns.

 

En consecuencia a Concellería de Tráfico e Seguridade do Concello de Tui considera esencial que os peóns tomen conciencia dun elemento de seguridade vital para eles, o chaleco reflector. Por iso, esta charla impartida por axentes da Policía Local, fará chegar aos nosos veciños, aos usuarios deste tipo de vías, a importancia do seu uso, a forma adecuada de circular por estas vías e as obrigacións do comportamento dos peóns na circulación.

 

Entendemos esencial que os peóns vexan a importancia, a seguridade e a protección, que lles achega o uso do chaleco reflector, e que posteriormente o uso desde no paseo matutino que realizan moitos dos nosos veciños, até cando se achegan ao supermercado á compra ou ao seu lugar de traballo.

 

Aos asistentes a esta charla se lles entregará un chaleco reflector homologados e cedidos pola Dirección General de Tráfico. Esta charla terá lugar o vindeiro martes 3 de decembro ás 19,30 horas na Sala Felix Rodríguez González, no edificio Área Panorámica de Tui.