Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concurso de fin de curso do conservatorio e escola de Música e recital do claniretista Oskar Espina Ruíz

18/06/2013

Terán lugar o xoves 20 e venres 21 de xuño respectivamente

O Conservatorio Municipal de Música e a Escola de Música do Concello de Tui organizan para esta semana dous novos concertos de alto interese e que pechan o amplo programa de actividades realizado por estas centros docentes ao longo do ano.

En concreto, son os seguintes:

XOVES 20 DE XUÑO:

No Teatro Municipal, no edificio Área Panorámica de Tui, celebrarase o Concerto Final de Curso da Escola de Música Municipal e do Conservatorio Profesional de Música de Tui, nel participarán alumnos solistas e diversas formacións das diferentes especialidades instrumentais que se imparten no Centro.

A hora de comezo é as 20:00h., a entrada recollerase a partir das 19:30h na billeteira do propio teatro, será gratuíta ata encher o aforo.

VENRES 21 DE XUÑO:

Concerto na Igrexa de Santo Domingo(Tui) a cargo do clarinetista Oskar Espina Ruíz, Mestre de Clarinete da University of North Carolina School of the Arts,coa colaboración do Instituto vasco Etxepare. Este concerto comezará as 20:30h., e a entrada será tamén gratuíta e libre ata encher o aforo.

Anteriormente, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, entre as 17:00h e 19:00h o Mestre impartirá unha Master Class e unha Clase Colectiva para diversos alumnos do centro tudense.