Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concello e artesáns Tudenses organizan unha nova edición do mercado de nadal

20/11/2013

Terá lugar o vindeiro 8 de decembro

 

Mércores, 20 de novembro de 2013. Debido ao éxito do Mercado de Nadal celebrado o pasado ano, o Concello de Tui aposta por segundo ano por esta iniciativa que serve para dinamizar o conxunto histórico e a actividade comercial da localidade, promocionando a actividade dos artesáns do noso municipio.

 

Onte tivo lugar unha xuntanza entre o concelleiro do Conxunto Histórico e un grupo deste colectivo de artesáns onde acordaron a celebración do mesmo o vindeiro domingo 8 de decembro na Praza de San Fernando, no centro do conxunto histórico tudense. Está previsto que máis dunha decena de artesáns participen nesta segunda edición con produtos relacionados co Nadal que inclúen elementos decorativos navideños, nacementos, xoguetes, complementos, cestería e alimentación entre outros.