Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comezou o curso de deshabituación tabáquica

18/02/2013

COMEZOU O CURSO DE DESHABITUACIÓN TABAQUICA

Remata o 20 de marzo. Aínda quedan prazas vacantes

 

Xoves, 14 de febreiro de 2013. Na pasada semana deu comezo o Curso de Deshabituación Tabáquica que oferta o Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui. Ao curso asisten cidadáns de Tui e de localidades da contorna coma Tomiño e Porriño.

 

O curso levarase a cabo durante 7 sesións de hora e media, polas tardes,  será unha Psicóloga quen axude aos participantes, o lugar de impartición do mesmo é na Area Panorámica. A finalización do mesmo será o día 20 de marzo.

 

Dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui animase a toda aquela xente que quere deixar de fumar e non o consegue a anotarse a este tipo de terapias ou pedir axuda ao seu médico.