Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comeza a demolición da cuberta da nave da rúa Camilo José Cela

27/11/2018

A cuberta sufrira graves desperfectos nos últimos anos e será necesario un proxecto para a súa reconstrución  

No día de hoxe comezaron as obras de desmontaxe e demolición da cuberta da nave situada na rúa Camilo José Cela a carón do edificio da futura sede dos xulgados de Tui.

O tellado desta edificación xa sufrira algúns desprendementos e ameazaba con virse abaixo na súa totalidade.

A obra conta coa autorización de Patrimonio e posteriormente será preciso un proxeto para a reconstrución integral da cuberta.

Esta obra estaba contemplada no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do ano 2016 e tras diversas modificacións solicitadas pola Direccion Xeral de Patrimonio se procede agora a súa realización.