Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comenzou o traballo do encontro "Summer Training School" na que participan vinte novos investigadores de varios Paises Europeos

11/06/2013

Participaran investigadores de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

 

Luns, 10 de xuño de 2013. Esta maña tivo lugar o acto de inauguración do “Summer Training School” que reúne na Eurocidade ao longo desta semana a máis dunha véntena de investigadores de sete países europeos para traballar en temas de planificación territorial e accesibilidade.

 

No acto de inauguración celebrado esta mañá no edificio Área Panorámica de Tui –sede dos traballos deste encontro- contouse coa presenza do concelleiro tudense, José Ángel Villaverde Rocha, xunto ao Director da Agrupación Europea  de Cooperación Territorial  Galicia – Norte de Portugal (AECTGNP), Juan José Lirón Lago, xunto aos responsables deste proxecto os profesores Enrique J. Calderón, da universidade Politécnica de Madrid, e Nuno Norte Pinto, da Universidade de Coimbra.

 

O proxecto de investigación interuniversitario denominado “Acción COST TU1002: Recollida de instrumentos de accesibilidade e mellora da súa capacidade de uso das prácticas de planificación”, financiada pola Unión Europea. Este proxecto pretende avaliar a aplicabilidade de instrumentos de apoio á decisión que enfocan cuestións de acessibilidade en todas as súas vertentes nos procesos de planeamento. O proxecto engloba a participación de investigadores de mais de 20 países europeos, tendo tamén unha rede de novos investigadores (Junior Researchers Network, JRN). O site do proxecto é http://www.accessibilityplanning.eu/.

 

Esta JRN ten todos os anos un encontro propio denominado “Summer Trainng School” (STS), que pretende ser unha semana de traballo intensivo dos membros da JRN sobre o estudo dun caso específico, utilizando as metodoloxías desenvolvidas e aplicadas no proxecto. Participaran nesta STS investigadores novos de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

 

Ao longo desta xornada participaron nun encontro do director da AECTGNP, Juan Lirón, e na sesión de maña participaran os técnicos municipais de Tui e Valença. Na tarde de hoxe realizarán unha visita de estudo á cidade de Tui que repetirán na tarde de mañá en Valença.