Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Coa participación no festival "Europa baila en Versmold" rematou a visita da delegación Tudense á localidade Xermana

29/10/2013

Houbo tamén encontros coa comunidade emigrante

 

A delegación tudense que encabezaba o Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez, completou o amplo programa da súa visita á localidade de Versmold (Alemania), irmanada con Tui dende abril pasado, coa participación no festival  “Europa baila en Versmold, A cultura non coñece fronteiras“ onde participaron grupos locais, o grupo tudense “San Xoán” da parroquia de Paramos así como senllas agrupacións das localidades de Dobczyce (Polonia) e Vrdnik (Serbia).

 

O programa do sábado completouse coa visita a diversas empresas locais e unha visita guiada pola cidade de Versmold complementada coa visita ao museo de historia local.

 

Foron tamén importantes os momentos trancorridos xunto coa comunidade emigrante de Versmold, en moitos casos con raizames en terras tudenses, que agradeceron a presenza desta delegación do Concello de Tui e a positiva achega que supón o irmanamento establecido e que recoñece a súa aportación ao desenvolvemento de ambas cidades, Versmold e Tui.

 

Para o rexedor tudense esta visita está contribuíndo moi positivamente a afondar no mutuo coñecemento entre as autoridades das nosa localidades e o grupo de veciños que as acompañan de cara a establecer máis sólidos lazos de amistade e colaboración no xa con Versmold senón tamén coas outras localidades presentes neste festival folclórico e promover entre todos unha maior cohesión e a participación na construcción dunha Europa mais unida.