Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Coa exposición sobre arquitectura da auga en Rebordáns e Ribadelouro abren as Xornadas Europeas de Patrimonio na Eurocidade Tui – Valença

27/09/2012

Un  ano máis a Eurocidade Tui –Valença se suma, nos inicios do outono, ás celebración que se realizan en máis de trinta países de Europa para a difusión do noso patrimonio agrupadas ao abeiro do nome de “Xornadas Europeas de Patrimonio”. Neste ano 2012 a temática escollida en España é “Paisaxe e arquitectura tradicional” namentres que en Portugal é “O futuro da memoria”; en base a esta temática foi elaborada polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença un programa de actividades que abrangue o seguinte:

 

* Dende o xoves 27 de setembro: apertura da exposición “Arquitectura tradicional da auga en Rebordáns e Ribadelouro” que recolle as fotografías realizadas polos alumnos do CEIP Curuxeiras de Rebordáns no ámbito dun proxecto de investigación realizado neste centro educativo ao longo do curso escolar 2010-2011. Esta exposición está aberta ao público no Anexo Sala Municipal de Exposicións (Edificio Área Panorámica).

 

* De 28 setembro a 28 Novembro: Exposição Digital  “Valença no século XIX e XX – a memória e o futuro”  - Centro de Interpretação da fortaleza

 

* Sábado 29 setembro   - Workshop de pintura “Património Edificado na fortaleza” – 14,30h - 18,30h

Centro de Interpretação da fortaleza

 

* Domingo 30 setembro: Andaina - trilho GPR 17 (Tui)

Inicio no Centro Intefederado de Remo e Piragüismo – Tui, 09,00 horas

 

* Sábado 13 de outubro: Andaina - Trilho do Castelo da Furna (Municipio de Valença). 10,00 horas

 

* Domingo 28 de outubro: Andaina  - Trillo “Muiños de Paredes” (Tui)

Inicio en Paredes – Rebordáns (Tui). 10,00 horas

 

Hoxe xoves comeza pois o desenvolvemento destas xornadas coa apertura da exposición que recolle unha mostra da arquitectura tradicional relacionada coa auga nas parroquias tudenses de Rebordáns e Ribadelouro e que posúe o dobre valor de estar realizadas polos alumnos do CEIP Curuxeiras de Rebordáns e recoller as testemuñas gráficas fun patrimonio etnográfico de grande valor cultural conservado neste ámbito territorial.

 

Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, a programación destas Xornadas Europeas de Patrimonio que organiza a eurocidade Tui – Valença expresa o traballo de difusión e valorización que do noso patrimonio cultural realiza o concello tudense, uns ricos conxunto monumental que abrangue tamén estes ben de caracter etnográfico valiosas testemuñas da nosa cultura tradicional e que coas actividades programadas poderemos coñecer, valorar e conservar este rico legado patrimonial.