Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Chega a Tui o espectáculo “Os Nortis e os libros sen título”

8/10/2022

Será o martes ás 17.30 h dentro da programación do Día da Biblioteca

O próximo martes, 11 de outubro, continúan as actividades programadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui arredor da celebración do “Día da Biblioteca”, que terán lugar ao longo de todo o mes co lema de “BiblioTeCoida”.

Nesta nova cita dirixida aos máis pequenos contarase coa presenza de “Juste Kamishibai, papel e teatro” que achega a Tui o seu espectáculo “Os Nortis e os libros sen título”. Esta actividades combina unha dimensión teatral cun obradoiro en papel para todos os participantes.
Os Nortis son uns personaxes que habitan na dimensión da creatividade e a través dos libros axudan aos nenos e nenas a espertar a súa imaxinación. Con esta premisa comeza unha viaxe entre libros de cartón dos que xorden despregabres pop-up, mecanismos móbiles e xogos de contraluz con imaxes. Unha aventura visual e de lendas para toda a familia.

A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente Solla, anima ás familias a participar nestas actividades que teñen como obxectivo á promoción da lectura e da oferta cultural e informativa que realiza á biblioteca municipal tudense.