Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Case 200 mil serán investidos en melloras na Praza de Abastos e no Parque Empresarial de Areas

6/09/2013

P { margin-top: 0.49cm; margin-bottom: 0.49cm; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); widows: 2; orphans: 2; }P.western { font-family: "Times New Roman",serif; font-size: 12pt; }P.cjk { font-family: "Times New Roman",serif; font-size: 12pt; }P.ctl { font-family: "Times New Roman",serif; font-size: 12pt; }A:link { color: rgb(253, 126, 38); }

A Consellería de Economía e Industria aportará o 75% e o Concello de Tui o 25%

Venres, 6 de setembro de 2013. Case 200 mil euros serán investidos en acometer melloras na Praza de Abastos de Tui e na rede viaria Parque Empresarial de Areas. Deste total o 75%, preto de 155 mil, será aportado pola Consellería de Economía e Industria. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez acompañou esta mañá ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na visita que realizou á Praza de Abastos tudense. Tamén estivo presente Ignacio Rial, xefe territorial en Pontevedra da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, así coma os concelleiros Olga Montes, Vanesa Rodríguez, José Ángel Villaverde e Ángel Gutiérrez.

O delegado provincial, José Manuel Cores Tourís, explicou que con estes investimentos dáse resposta a solicitude presentada polo Concello de Tui ante a Xunta hai uns meses

O xefe territorial, Ignacio Rial, deu conta das actuacións a realizar. Así cun investimento de 54.659,12€ dos que a Xunta aportará 40.994,34 euros e o Concello de Tui o 25% restante, na Praza de Abastos se vai dar primeiro impulso á reforma do edificio para converte este Mercado Municipal nunha praza excelente. Nesta primeira fase levarase a cabo a construción dun teito na traseira do edificio na zona de carga e descarga, pintarase o inmoble, amais de instalar luminarias de baixo consumo e mellorar a recollida de pluviais.

Mentres no parque empresarial de Areas melloraranse os accesos cunha rotonda e coa renovación do firme. Neste caso o orzamento é de 143.074,16 euros dos que o 75% serán aportados pola Xunta (114.459,33€) e o Concello o 25% restante.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, manifestou a súa satisfacción polo investimento a realizar, que redundará no beneficio dos praceiros e tamén dos clientes, salientando que este é un investimento necesario na Praza de Abastos. Por outra parte indicaba que co mellora dos accesos dinamizarase de xeito importante o Parque Empresarial de Areas.