Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A carpa de Xuventude en Movemento acollerá diversas actividades de información sobre ofertas de formación a traves dos Programas Europeos

24/10/2012

Participaran especialistas como o profesor Jorge Mira.

 

A carpa da campaña “Xuventude en Movemento” que estará instalada na nosa cidade entre o venres 26 de outubro e o sábado 27 de outubro acollerá diversas actividades de información sobre os programas europeos en materia de formación e novas oportunidades para mozos e mozas.

 

En concreto ao longo do sábado desenvolveranse diversas charlas e obradoiros neste ámbito co seguinte programa:

 

12,00 h.: Obradoiro sobre “Innovación no ámbito rural” no que participa o profesor Fernando Martíns da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro e Marta Álvarez, responsable da Granxa Maruxa (Lugo). Se recolle a aposta europea polo desenvolvemento competitivo e sostible do rural. A granxa Maruxa é unha explotación gandeira, modelo de innovación, tradición, creatividade e respecto medioambiental que recolle estes valores.

 

13,30 h. “A ciencia como profesión”, titulo dunha conferencia pronunciada por Max Weber en 1917 prantexa a cuestión do sentido da ciencia como traballo profesional. Participan Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela e o profesor Fernando Lobo Pereira da Universidade de Porto e serán presentados polo profesor do IES San Paio de Tui, Eduardo Barciela. Os relatores analizaran os promenores da carreira como científico na actualidade.

 

16,30: “A Formación Profesional: o exemplo da Formación Profesional dual en Alemania”, o modelo alemán de formación profesional dual combina a teoría nun centro de estudios coa practica nunha empresa, unido formación e empresa, estudios e emprego. Participará Christian Amtsberg da Asociación Hispano Alemana de Formación Tecnica (ASET) e un representante do Instituto do Emprego e Formaçao Profissional de Porto – Portugal.

 

18,00: “Artesanía e oficios tradicionais” onde participaran dous artesán de Galicia mostrando como os oficios tradicionais seguen actuais, analizando a súa promoción, comercialización, formación e fomento das novas vocacións apostando pola innovación e a calidade. Participan Elena Ferro de Eferro en Vila de Cruces e Ana Alonso de Cabuxa – Tui.

 

18,45: Debate sobre a aprendizaxe de idiomas en España a cargo de José Manuel Vez Jeremias, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela en Lingüística Aplicada, e José Manuel Neira, profeso da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

 

Xunto a estas charlas e obradoiros en materia de formación e innovación, se completa o programa con outras actividade de difusión sobre programas de emprego: rede Eures, as redes sociais na búsqueda de emprego, o erasmus para mozos emprendedores, a rede Enterprise Europe Network. Amáis haberá diversos stands informativos e actividade de música, arte e maxia para os mozos participantes.

 

Para o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración na eurocidade Tui – Valença desta campaña da Comisión Europea dirixida aos mozos e mozas da nosa eurorrexión é unha ocasión realmente única para acceder de xeito directo ao coñecemento dos diversos programas de emprego e formación que promove a Unión Europea e que, nestes momento de crise, son unha oportunidade de atopar novos ámbitos e oportunidades laborais e de formación.

 

Máis información en:  http://ec.europa.eu/youthonthemove

http://www.facebook.com/XuventudeEnMovemento

https://twitter.com/JEM_XEM