Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Carlos Blanco actúa mañá ás 20.30h no Teatro Municipal

15/11/2013

Prevese cheo total xa que restan só un centenar de entradas para vender mañá no despacho de billetes dende ás 19h

 

Cheo total é o que se prevé mañá sábado no Teatro Muncipal de Tui para o espectáculo do polifacético Carlos Blanco. A cita será a partir das 20.30h con “Carlos Blanco, ao vivo (de momento)”. Trátase dun espectáculo imprescindible no que Carlos Blanco repasa dez anos dos seus exitosos monólogos. Achegará así unha visión lúdica do país coa actualidade do día e cos temas de sempre. É unha inxección de retranca para estes tempos incertos.

 

Debido á magnífica acollida do espectáculo xa non quedan entradas á venda por Internet en www.culturatui.info, de feito a taquilla on-line tivo que pecharse este mediodía 24 horas antes do previsto. Restan a penas un centenar de entradas que se porán á venda mañá ás 19h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 7€ e 5€.

 

Carlos Blanco con “Carlos Blanco, ao vivo (de momento)”

Lugar: Teatro Municipal

Data: Sábado, 16 de novembro, ás 20.30h

Venda de entradas (So queda un centenar): mañá sábado ás 19h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 7€ e 5€.