Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Carla Diz e Ana Correa no Campionato do Mundo de Balonmán Escolar

22/03/2012

Ambas foron elixidas pola Federación Española

 

As tudenses Carla Diz e Ana Correa foron designadas pola Federación Española de Balonmán para arbitrar o Campionato do Mundo de Balonmán Escolar, que se celebrará en Croacia entre os días 14 e 22 de abril.

 

Para estas deportistas, que recentemente arbitraron en Tui o partido da Selección Arxentina e a Selección Galega, foi unha gran sorpresa "Non o esperábamos, foi unha tremenda sorpresa, tanto que cando me chamaron para comunicarmo, non reaccionei. Estaba en shock". Así explicou Carla Diz cando se enterou de que ían ser a única parella española presente neste importante torneo e que ademais daban un paso na historia ao ser a primeira parella española de colexiadas con presenza internacional.

 

A responsabilidade é inevitable, aseguran, e máis cando "te din que es a primeira parella española feminina, máis responsabilidade e máis presión porque temos que facelo ben. Pero tamén sabemos que imos gozar a tope", indicou Ana Correa, a máis nova das dúas.

 

Dende o Concello de Tui queremos felicitar a nosas mellores árbitras e desexarlles que teñan éxito neste campionato e no resto dos partidos da tempada.