Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campaña de detección precoz do cancro de mama

21/01/2013

CAMPAÑA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA

Realización de mamografías gratuítas as mulleres de Tui de 50 a 69 anos

 

Luns, 21 de xaneiro de 2013. O alcalde de Tui informa nun bando que o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro iniciou o pasado 8 de xaneiro a súa campaña no Concello de Tui.

 

Ao abeiro desta campaña realízanse mamografías gratuítas a todas as mulleres de 50 a 69 anos de idade do municipio. Este ano as mamografías faranse na Unidade fixa de exploración na Casa do Mar en Vigo na Avenida de Beiramar. Todas as mulleres entre 50 a 69 anos teñen que ter recibido unha carta onde se lles comunica o día, hora e lugar en que teñen a súa cita.

 

No caso de no ter recibido a carta as mulleres do municipio de Tui que teñan entre 50 a 69 anos poden chamar ao 981 14 14 14 onde lles darán unha cita para a realización da devandita mamografía.