Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Blas Cantó e a Orquestra Mondragón, prato forte das Festas de San Telmo 2019

25/04/2019

Celebrarase un concerto de badaladas e o V Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui

Fin de semana musical neste peche das Festas de San Telmo 2019. O prato forte da festividade chega o sábado, ás 23.30h co concerto de Blas Cantó na rúa Ourense. O exmembro do grupo Auryn chega a Tui dentro da xira de presentación  do seu primeiro álbum Complicado, no que se inclúe o seu gran éxito El no soy yo que o situou na cabeza das listas musicais do momento e co que logrou o disco de ouro e de platino.  O domingo será a quenda de Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón que actuarán tamén na rúa Ourense ás 22.30h. O grupo vasco de finais dos 70 interpretará algúns dos seus temas más míticos como Corazón de Neon, Viaje con nosotros, Ellos las prefieren gordas e Caperucita Feroz.  Mañá venres serán os grupos locais os que poñan a bailar a Tui, a partir das 22.00h, os ritmos blues, country, soul, reggae e Rock&roll encherán a corredoira con Micalip´s  e Factor 50.

Haberá tamén cita cultural co concerto de badaladas de San Telmo do domingo ás 18.00h nos campanarios da Catedral, a igrexa de San Telmo, San Francisco e As Encerradas. Mentres o sábado ás 22 h celebrarase na praza de San Fernando o V Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui, no que participan como banda anfitrioa e organizadora a Banda de San Xoán de Paramos e como convidadas a banda Píntega Marela de Madrid e os Coribantes de Buchabade de Pontecaldelas.

A Banda de Música Popular de Tui tamén actuará o domingo pola mañá, ás 12.00h e ás 19.30h no Paseo da Corredoira mentres que o luns tocará a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, neste caso na Praza de San Fernando, ás 18.00h.

As noites de verbena estarán amenizadas o sábado a partir da 1.00h a cargo da orquestra Pasarela e o domingo, a orquestra Saudade, tocará antes e despois do Concerto da Orquestra Mondragón, ás 20.30h e ás 00.30h.  O peche musical das festas será o luns coa salsa, bachata e merengue do Combo Dominicano, presentando a súa xira “El meneíto”.