Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Big Ride Tui unha proba de nivel cun podium de luxo nivel internacional e ase 200 participantes

17/06/2013

 

Onte celebrouse en Tui a segunda proba do Open de España de Enduro BTT “Big Ride powered by Cannondale” unha competición en formato enduro con 5 tramos cronometrados unidos por ligazóns. Preto de 200 corredores tiveron que percorrer un total de 42 quilómetros de percorrido con máis de 2.000 metros de desnivel acumulado par atravesar diferentes partes do Monte Aloia e descubrir a dureza da montaña. Big Ride Tui foi unha proba extremadamente dura e técnica onde terminar a competición foi todo un reto.   

 

O francés Jerome Clementz, unha das principais figuras mundiais nesta modalidade, proclamouse campión da proba, seguido do portugués Jose Borges e o californiano Ben Cruz.  O pódium de todas as categorías mostrou o gran nivel da proba con figuras tan destacadas como o inglés Aidan Bishop ou Tony Pérez, que mantén o liderado do Open de España de Enduro. No caso das mozas triunfou  a francesa  Pauline Dieffenthaler, seguida da corredora galega Eva Castro, líder do open, e Nicola Weaver.

 

Big Ride tómase un breve descanso para afrontar a terceira proba do Open de España que se celebrará en Cercedilla (Madrid) o próximo 21 e 22 de Xullo.

Para calquera informacións obre a proba o servizo de prensa da mesma é:

Mónica Crisóstomo

667 898 381

prensa@bigridechampionship.com

www.bigridechampionship.com

 

Big Ride Tui
Big Ride Tui